VILALBA SERÁ UNHA DAS SEDES DO XII FESTIVAL ATLÁNTICA DE ARTES ESCÉNICAS E NARRACIÓN ORAL

Vilalba será unha das sedes do XII Festival Atlántica. O Vicealcalde Modesto Renda e a edil de Turismo Mª Xosé Fernández achegáronse a Santiago para tomar parte da presentación dun dos máis grandes #eventos das artes escénicas e que se desenvolverá entre Galicia e Portugal, con arredor de 90 funcións de 45 propostas e artistas de varios países.

“Estamos a falar dun dos poucos eventos das artes escénicas que programa ao longo de 7 días e en dous países diferentes” explicou Fernández.

Nesta mesma liña se pronunciou o Vicealcalde Modesto Renda, quen puxo en valor a importancia de que o Concello de Vilalba sexa sede dun evento destas características e en pé de igualdade coas cidades de Santiago de Compostela, Coruña, Vigo, Ourense ou Ferrol.

As ubicacións elixidas serán o Parador e a Liga Santaballesa e é por isto que coa resprentación do Concello viaxou a Santiago a membro da directiva da Liga, Clara Naseiro.

Nos vindeiros farémos públicos os horarios e os/as artistas que se achegán ó noso Concello.