O CONCELLO PUBLICA AS BASES E ABRE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE TRABALLOS PARA O 50 PREMIO DE POESÍA DO SEU CERTAME LITERARIO

O Concello de Vilalba anuncia o inicio do pazo de presentación de traballos para 50 Premio de Poesía do seu Certame Literario, así como as bases de participación.

O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora, xunto a unha flor natural e un diploma.

 O prazo para presentar os traballos remata o 11 de xullo.

Poderán participar neste concurso todos os autores e autoras que o desexen, sempre que presenten as obras en lingua galega. Os poemas serán orixinais e inéditos, non premiados noutros concursos en datas anteriores ao fallo do xurado.

O Concello de Vilalba defende o impulso á produción cultural como unha das súas prioridades, apostando ademais pola creación poética en lingua galega, un obxectivo que queda reflexado neste concurso que chega a súa corenta a nove edición.

O seu prestixio está vencellado a nomes tan recoñecidos da literatura galega como Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Xavier Alcalá ou Yolanda Castaño, que forman parte do elenco de gañadores dende a súa creación no ano 1975.

Pódense consultar as bases no documento adxunto.